Desde fai anos, os museos veñen realizando grandes esforzos por adaptar os seus servizos e actividades ás novas demandas sociais, tamén as derivadas da transición dixital da sociedade.
Para axudalos, desde o equipo de BenCuriosa deseñamos unha metodoloxía propia que busca ir máis aló das consultorías externas que conclúen coa entrega dun informe, moitas veces abrumador. Buscamos, pola contra, activar procesos de reflexión-aprendizaxe máis graduais, nos que acompañar ao equipo da entidade con información de utilidade e propostas de mellora sostibles, tendo en conta a realidade dos recursos dispoñibles nas bibliotecas de proximidade.
Estes ámbitos son, así mesmo, a proposta integral coa que BenCuriosa busca ofrecer unha guía secuencial para fragmentar un problema complexo, como é a transición dixital, facéndoo máis abordable.
Analizamos, propoñemos e podemos acompañar tamén a implementación das melloras máis adecuadas en infraestrutura, oferta e servizos dixitais, incluídas tamén as accións para a inclusión, capacitación e empoderamento dixital da cidadanía. Sen esquecer os novos modelos dixitais e híbridos de participación e mediación cultural.
En BenCuriosa acompañamos tamén a implementación práctica de melloras e novas accións arredor da estratexia, presenza web e comunicación dixital das entidades.
A modo de exemplo, abordamos: re-deseños da estrutura de información e contidos dixitais da entidade, visitas virtuais a coleccións permanentes ou exposicións temporais, melloras na accesibilidade e inclusión, xeración de contidos dixitais en novas plataformas e redes, plans de públicos ou de comunicación dixital. Temos tamén ampla experiencia na elaboración de memorias técnicas para convocatorias de todo tipo.
Rede Museística Provincial de Lugo
Activo desde 2021.
–
Tanto se tes interese por saber máis sobre calquera detalle deste proxecto,
como se desde a túa entidade queredes coñocer as posibilidades de desenvolver proxectos similares,
consúltanos sen compromiso!