Formación

Estratexias dixitais no sector cultural

Deseñamos experiencias formativas de profesionais para profesionais, coas que afrontar os retos da transición dixital no sector sociocultural e creativo.

O obxectivo principal é acompañar a profesionais do sector cultural na actualización de competencias e na adopción de ferramentas e prácticas na contorna dixital. Sempre cun enfoque realista, práctico e tendo en conta os recursos, tempo e equipamento do que dispoñen as organizacións culturais de proximidade.

Culture and digital transformation

Temáticas e contidos

Realizamos unha aproximación panorámica ás principais dimensións que nos permitan entender e desenvolver estratexias dixitais sostibles que nospermitan conectar cos nosos públicos.

  • A xestión cultural na contorna dixital. Hábitos culturais e fendas dixitais.
  • Dixitalización, seguridade e propiedade intelectual. Competencias dixitais.
  • Colaboración e traballo en equipo en contornas virtuais.
  • Públicos e estratexia dixital para organizacións culturais.
  • Servizos e actividades na Rede. Novos camiños e contidos dixitais.
  • Comunicación e marketing dixital.


A quen están dirixidos?

Impulsadas en colaboración con asociacións sectoriais e administracións públicas que queren achegar unha proposta formativa integral para actuais e futuras profesionais -do sector público e privado- ademais das persoas que forman parte do tecido de asociacións e colectivos nos ámbitos da cultura, o patrimonio, a memoria, a lingua, a educación, a igualdade, o medio ambiente, a participación, a inclusión social, a mocidade, a dinamización TIC, etc.

Acompañamos a todas aquelas persoas que buscan acadar un obxectivo transformador na súa comunidade, tanto a quienes quieran formarse para implementar acciones digitales directamente, como a quienes quieran conocer las claves para planificar y contratar los servicios necesarios a profesionales digitales.

 

En que formato se desenvolven?

Sempre tendo moi presente a filosofía de #aprenderfacendo e #aprendercompartindo que aplicamos a todas as nosas propostas formativas, os cursos desenvólvense principalmente en formato en liña. Cunha metodoloxía adaptada a un aprendizaxe flexible e compatible coas obrigas laborais e persoais.
 
Combinamos contidos dixitais e actividades prácticas que o alumnado pode ir desenvolvendo ao seu ritmo, xunto a un coidado e atención personalizada, en forma de sesións en directo de posta en común, espacios de participación e intercambio de experiencias, acompañamentos titorizados e diferentes canles de comunicación co equipo docente.
 
O tempo de adicación axústase ás necesidades da entidade de acollida, cunha referencia media de 40 horas, distribuídas entre 6 e 8 semanas de duración. Tamén existe a posibilidade de desenvolver obradoiros e accións formativas intensivas en temáticas concretas.
 
 

Necesidades e requirimentos previos

As persoas participantes só precisan de equipo informático convencional (sobremesa, portátil ou tablet) e conexión a internet. No se requieren conocimientos previos, más allá de las competencias digitales básicas para acceder al curso a través de cualquier navegador web.

Con vocación introdutoria e inclusiva, adaptamos as formacións a diferentes niveis de partida, tanto na temática como no uso de plataformas formativas en liña.

Traballamos con:

Entidades públicas e asociacións sectoriais, coas que temos impulsado accións para  800 profesionais de máis de 17 países.

Cando?

Servizo en activo desde 2020.

Sitio Web:

Contamos cunha plataforma formativa propia en rede.bencuriosa.com

Queres que falemos sobre esta liña de traballo?

Se desde a túa entidade queredes coñocer as posibilidades de desenvolver propostas formativas similares podemos mostrarvos exemplos de cursos dispoñibles. Consúltanos sen compromiso!

Subir