Formación

CEU en Xestión e Innovación Cultural da USC

Primeira sesión do CEU en Xestión Cultural da USC no curso 2018-19

Formación de posgrao en Galicia para a práctica profesional na xestión cultural.

Desde 2014 impulsamos, deseñamos e exercemos a coordinación académica do Curso de Expert* Universitari* en Xestión Cultural da USC, xunto aos profesores Isabel Neira e Gonzalo Rodríguez.

Trátase dunha formación orientada á práctica profesional e baseada en dous principios: #aprenderfacendo e #aprendercompartindo. Cunha clara perspectiva galega, pero sen esquecer as principais referencias estatais e cunha ligazón moi estreita coas nosas veciñas e veciños de Portugal.

O Curso, que celebrou xa seis edicións, conseguiu neste tempo xerar un espazo inédito de conexión profesional en Galicia polo que pasaron máis de 250 profesionais da xestión cultural, entre alumnado, docentes e colaboracións chegadas de  moi diferentes entidades públicas e privadas.

O CEU en Xestión Cultural da USC baséase no cambio de modelo experimentado no espazo cultural europeo, que se traduce na obriga dunha maior diversificación de ingresos para viabilizar os proxectos e as entidades culturais, maior énfase no traballo cooperativo, a incorporación -xa ineludible- das novas tecnoloxías e unha maior implicación cos públicos.
 
No marco desta formación compartimos tamén en aberto publicacións sobre a profesión en Galicia, ademais dos contidos máis destacados de cada sesión no blog colaborativo do Curso.
 
O CEU en Xestión Cultural ten actualmente carácter bienal. A seguinte edición está prevista para o curso académico 2022-23.

Traballamos con:

Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Cando?

Activo, desde 2014.

Sitio Web:

Queres acompañarnos na seguinte edición?

O Curso de Expert* Universitari* en Xestión Cultural celébrase cada dous anos.
Entre unha edición e outra, se queres, podes estar ao día das novidades e recibir aviso de cando se abra a seguinte convocatoria:

Subir