Investigación e Divulgación

Boas Prácticas na Xestión Cultural

Activamos iniciativas para a xeración e intercambio de coñecemento no eido cultural e creativo, especialmente arredor da xestión cultural.

Impulsamos e participamos en todo tipo de proxectos que permitan #aprendercompartindo con colegas e profesionais. Tanto espazos de conversa como investigacións e propostas divulgativas, sempre en aberto.

Un exemplo é a coordinación do Banco de Boas Prácticas da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC). Este proxecto pon a disposición de xestoras e xestores culturais, cargos públicos con responsabilidades en políticas culturais e artistas, entre outros perfís, todo un escaparate de exemplos inspiradores para poder traballar máis e mellor no ámbito cultural.

Tecemos redes de colaboración e conexión profesional, co ánimo de xerar comunidade e de impulsar o noso sector. ​

Regularmente organizamos viaxes e asistimos a encontros que nos permiten conectar profesionais e boas prácticas, de xeito especialmente intenso entre Galicia e todo o Norte de Portugal.

Traballamos con:

Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.

E outras moitas iniciativas propias e colectivas, tamén como convidados de entidades amigas.

Cando?

Activo

Sitio Web:

Queres que falemos sobre esta liña de traballo?

Tanto se tes interese por saber máis sobre esta liña de traballo,
como se desde a túa entidade ou colectivo queredes coñocer as posibilidades de desenvolver proxectos similares, consúltanos sen compromiso!

Subir