Investigación e Divulgación

Boas Prácticas na Xestión Cultural

Activamos iniciativas para a xeración e intercambio de coñecemento no eido cultural e creativo, especialmente arredor da xestión cultural.

Impulsamos e participamos en todo tipo de proxectos que permitan #aprendercompartindo con colegas e profesionais. Tanto espazos de conversa como investigacións e propostas divulgativas, sempre en aberto.

Un exemplo é a coordinación do Banco de Boas Prácticas da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC). Este proxecto pon a disposición de xestoras e xestores culturais, cargos públicos con responsabilidades en políticas culturais e artistas, entre outros perfís, todo un escaparate de exemplos inspiradores para poder traballar máis e mellor no ámbito cultural.

Tecemos redes de colaboración e conexión profesional, co ánimo de xerar comunidade e de impulsar o noso sector. ​

Regularmente organizamos viaxes e asistimos a encontros que nos permiten conectar profesionais e boas prácticas, de xeito especialmente intenso entre Galicia e todo o Norte de Portugal.

Traballamos con:

Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.

E outras moitas iniciativas propias e colectivas, tamén como convidados de entidades amigas.

Cando?

Activo

Sitio Web:

Visual Portfolio, Posts & Image Gallery for WordPress

Xornada AGPXC Ourense Banco Dixital de Boas Prácticas

Culturgal Banco de Boas Prácticas para a Xestión Cultural AGPXC

Sergio Lago Alberto García Goretti SanMartín

Viaxe Portugal Boas Prácticas CEU Xestión Cultural da USC Imaginarius

Viaxe Portugal Boas Prácticas CEU Xestión Cultural da USC Imaginarius

Viaxe Portugal Boas Prácticas CEU Xestión Cultural da USC Imaginarius

Viaxe Portugal Boas Prácticas CEU Xestión Cultural da USC

Viaxe Portugal Boas Prácticas CEU Xestión Cultural da USC ACERT Tondela

Viaxe Portugal Boas Prácticas CEU Xestión Cultural da USC ACERT Tondela

Viaxe Portugal Boas Prácticas CEU Xestión Cultural da USC Imaginarius

Contámosche máis...

Visual Portfolio, Posts & Image Gallery for WordPress

Culturgal 2021-visita alumnado CEUXC

A Feira das Industrias Culturais de Galicia, Culturgal, convocouse no 2021 baixo o lema "a cultura que toca". Logo dun ano no que houbo que celebrar esta cita en liña, a volta á presencialidade propiciu actividades coma esta: a visita por parte da sexta edición do CEU en Xestión Cultural á feira. O Curso, que desenvolve BenCuriosa dende o ano 2014 na USC, tivo ocasión de coñecer de primeira man o evento en si e algúns dos proxectos participantes. A foto de grupo tomouse no espazo habilitado para este fin no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Queres que falemos sobre esta liña de traballo?

Tanto se tes interese por saber máis sobre esta liña de traballo,
como se desde a túa entidade ou colectivo queredes coñocer as posibilidades de desenvolver proxectos similares, consúltanos sen compromiso!

Subir