Foto de grupo das participantes nos Encontros no Rural impulsados pola rede Museística provincial de Lugo. A imaxe foi tomada dende a solaina do pazo. En primeiro plano, vemos o labirinto de pedra do antigo xardín e ao fondo, na leira, o grupo de participantes no Diálogo de Saberes, acabando de plantar un ciprés
Momento da xornada sobre accesibilidade e inclusión cultural celebrada no Centro Ágora da Courña. A imaxe amosa o interior da aula, chea de xente. Ao fondo vemos aos relatores e a unha intérprete de lingua de signos de pé fronte aos asistentes