Redes de colaboración

Unha rede de apoio veciñal

A declaración do estado de alerta deixou nunha situación de maior indefensión a aquelas persoas que por diversas razóns (idade, soidade, enfermidade, dificultades económicas ou de acceso á vivenda, etc,…) se atopaban nunha situación vulnerable. Por iso, e en paralelo á labor de concellos e diversas entidades, xurdiron redes veciñais autoxestionadas co obxectivo de reactivar a solidariedade nos barrios pero tamén o propio tecido veciñal.

Estas mesmas estruturas e ferramentas poden empregarse, no futuro, para calquera plataforma ou iniciativa onde sexa importante tecer redes de comunicación horizontal entre veciñas e veciños.

 

Recursos e ferramentas

  • O inicial é crear un espazo en liña onde se recolla a información esencial e os enlaces precisos:
    • Pode ser unha publicación na web da nosa entidade ou crear unha nova web, con ferramentas gratuítas como WordPress.
    • Tamén pode crearse unha páxina de Facebook como punto de referencia de información. Pode activarse seguindo as indicacións da axuda de facebook.
  • O principal recurso neste caso é abrir canles de comunicación que as persoas usuarias poidan empregar. O papel de administrador-moderador é clave, para o cal pode ser recomendable ter un código de conducta inicial. As máis recomendables para chegar a poboación con competencias dixitais básicas poderían ser:
    • Grupos de Whatsapp: Hai numerosas guías e recomendacións para crealos e xestionalos adecuadamente, como esta ou a propia axuda da aplicación. A nivel de privacidade é delicado, xa que os números de teléfono das persoas participantes son visibles.
    • Grupos de Telegram: Menos xeneralizado pero con vantaxes sobre Whatsapp, como a privacidade opcional dos números de teléfono das participantes. Ou tamén que cando accede alguén novo pode ver as mensaxes anteriores ao seu ingreso. Neste sentido, se é de moita xente, é recomendable deixar unha mensaxe ancorada de benvida, coa información esencial, para que cada entrada no grupo non xere ruído. Hai numerosas guías e recomendacións para crealos e xestionalos adecuadamente, como esta ou o propio FAQ da aplicación.
    • Grupos de Facebook: Probablemente menos directos que as aplicacións de mensaxería, pero permiten reducir o “ruído”, xa que a partir dunha mensaxe as respostas limítanse aos comentarios desa publicación. Poden ser públicos ou privados, aos que é preciso solicitar entrar. Actualmente moita poboación nova, menores de 25 anos, non teñen conta activa. Pode activarse seguindo as indicacións da axuda de facebook.
  • Para a súa difusión, podemos:
    • Convidar directamente a persoas que xa temos en axenda ou listados de participantes en actividades.
    • Deseñar uns sinxelos folletos ou carteis, compartidos en pdf, que calquera poida imprimir e colocar no portal ou noutros espazos, como centros de saúde, farmacias ou tendas abertas.
    • Divulgar en redes sociais propias e pedir a outras persoas que o difundan nas súas. É importante ter en conta a diferente distribución interxeracional:
      • Facebook pode ser a máis diversa, aínda que con menor presencia activa de menores de 30 anos.
      • Instagram a que actualmente acolle a máis xente activa, especialmente menor de 40 anos.
      • A xente máis moza está migrando a outras plataformas máis novedosas, como Tik Tok.

 

Algúns exemplos

Comparte a túa achega! (Atención: O teu comentario publicarase despois da súa revisión manual / O correo electrónico pídese para evitar SPAM pero nin o utilizaremos, nin será visible para outros visitantes)

*