Festas e eventos

Unha foliada virtual

Unha foliada é unha festa para bailar e cantar. Neste caso, ao non poder facelo nun espazo físico común, podemos buscar alternativas nas que a xente participe dende as súas casas.

Como calquera evento, nunha data prefixada e durante unha determinada franxa horaria, as participantes comparten pequenas pezas de vídeo, gravadas cos seus propios móbiles, cantando e tocando instrumentos nas súas casas.

 

Recursos e ferramentas

  • A través dun evento en facebook, contariamos xa cunha canle que reúne:
    • A posibilidade de convocar un evento virtual, con sistema de convites e de difusión moi sinxelos.
    • Que calquera poida posteriormente compartir publicacións en vídeo, empregando a sección de “debate” do propio evento.
    • E tamén poder xerar conversa durante o evento a través do sistema de comentarios.
    • Pode activarse seguindo as indicacións da axuda de facebook. Pode crearse como un evento público ou privado, onde só os convidados verán o evento e contidos compartidos. Unha vez creado non se pode mudar a privacidade. En ambos casos, pero sobre todo nos públicos, é recomendable activar a moderación de publicacións de participantes, para filtrar contidos non adecuados e tamén para ir xestionando unha gradual publicación dos contidos que vaian recibíndose, dándolle tempo a cada achega.
  • En grupos máis pequenos, privados e/ou improvisados, tamén podemos tirar de canles de mensaxería:
    • Grupos de Whatsapp: Hai numerosas guías e recomendacións para crealos e xestionalos adecuadamente, como esta ou a propia axuda da aplicación. A nivel de privacidade é delicado, xa que os números de teléfono das persoas participantes son visibles.
    • Grupos de Telegram: Menos xeneralizado pero con vantaxes sobre Whatsapp, como a privacidade opcional dos números de teléfono das participantes. Ou tamén que cando accede alguén novo pode ver as mensaxes anteriores ao seu ingreso. Neste sentido, se é de moita xente, é recomendable deixar unha mensaxe ancorada de benvida, coa información esencial, para que cada entrada no grupo non xere ruído. Hai numerosas guías e recomendacións para crealos e xestionalos adecuadamente, como esta ou o propio FAQ da aplicación.

 

Algúns exemplos

  • A iniciativa inspiradora foi a Foliada na Cozinha, da Gentalha do Pichel, unha organización cultural e comunitaria compostelá que desenvolve, entre outras actividades, propostas colaborativas relacionadas coa cultura popular. No seu evento de Facebook reuniron 85 publicacións en vídeo e ducias de persoas interactuando con elas.

Comparte a túa achega! (Atención: O teu comentario publicarase despois da súa revisión manual / O correo electrónico pídese para evitar SPAM pero nin o utilizaremos, nin será visible para outros visitantes)

*