Nome
Obradoiro “Construímos un relato”
Lugar de celebración
- Cedeira e Valdoviño
- Muros
- Carral
Entidades participantes
- Asociación-museo Mares de Cedeira
- Mulleres da Vila de Cedeira
- Asociación Lugares Comúns (Cedeira)
- ANPA CPI Beiramar (Valdoviño)
- AAVV Os Castros (Valdoviño)
- SCRD San Miguel de Aviño (Valdoviño)
- AAVV Santiago Apóstolo (Valdoviño)
- Asociación de mulleres rurais María del Mar Becerra (Valdoviño)
- Asociación de mulleres rurais Os Hórreos (Muros)
- Proxecto Músicos do Pobo (Muros)
- AAVV A Ostreira (Muros)
- Agrupación folclórica Ximiela de Louro (Muros)
- ADC Esteirana de Carrilanas
- Asociación fotográfica de Muros
- AEC Lacrar (Carral)
- Asociación de custodia do territorio Brexa (Carral)
- UD de Carral
- Asociación cultural Cultura Aberta (Carral)
- Abril de Lume e Ferro (Carral)
- Coral polifónica Aires de Carral
Ademais de persoas vinculadas a estas entidades, no obradoiro participou veciñanza dos catro concellos allea a calquera asociación ou proxecto colectivo. Tamén profesionais relacionados coas áreas de Cultura dos concellos de Cedeira, Muros e Carral
Axente creativo responsable
Descrición
Todos temos algo que contar: ideas, experiencias, opinións ou proxectos, pero ás veces non sabemos moi ben que forma darlle a iso que tantas ganas temos de compartir.
Este obradoiro está pensado para aprender a desenvolver de maneira práctica un relato propio, empregando os recursos que ofrecen as ferramentas dixitais e partindo da base de que a tecnoloxía está ao dispor das persoas e non ao revés.
A través de contidos teóricos pero, sobre todo, de traballo colaborativo por equipos, o obxectivo é coñecer e incorporar un uso creativo, participativo e comunitario das redes que as entidades poidan logo trasladar á súa comunicación.
Este obradoiro desenvólvese en Cedeira-Valdoviño, Muros e Carral, incorporando a cada contexto os recursos e dinámicas necesarios.