Xornada formativa no CCG con Escena Galega e Xavier Mercé

O ex-alumnado do CEU en Xestión Cultural da USC compartiu coa asociación Escena Galega unha xornada formativa a cargo de Xavier Mercé, actual asesor de cultura do Ajuntament de Barcelona e vicepresidente do grupo Focus.

Mercé, que foi tamén director de recursos do Instituto Barcelona Cultura e do Institut Catalá de les Empreses Culturals, falounos sobre o traballo presente e futuro que no eido da xestión cultural se desenvolve desde o Ajuntament, pero tamén do papel do sector privado no márketing e internacionalización culturais, así como da experiencia e funcionamento das axencias e institutos do sector.

A charla, que se desenvolveu na biblioteca do Consello da Cultura Galega, culminou cun tempo de conversa para expor dúbidas e compartir experiencias no que participaron profesionais das artes escénicas en Galicia, así como como Belén Pichel e Diego Vázquez Meizoso, presidenta e xerente da asociación Escena Galega.

Subir