O informe “Cooperativismo e cultura: unha alianza necesaria”, agora en galego e castelán

Nos últimos anos medrou notablemente o número de cooperativas culturais. A economía social revelouse como unha ferramenta idónea para crear empregos dignos e estables entre a comunidade de artistas e profesionais da cultura.

O informe “Cooperativismo e cultura: unha alianza necesaria” analiza este fenómeno e mostra un catálogo de boas prácticas coa finalidade de inspirar a futuros emprendedores culturais e de orientar aos responsables de políticas públicas.

Este estudo foi publicado en 2015, orixinalmente en lingua galega, baixo a dirección de Marcos Lorenzo (BenCuriosa) e Cristina González (Nova Xestión Cultural). Desde BenCuriosa presentamos agora a súa tradución ao castelán, co ánimo de pólo a disposición dos profesionais da xestión cultural dos países de fala hispana.

O informe en galego pode descargarse íntegro aquí.
O informe en castelán pode atoparse tamén completo aquí.

Queres compartir este contido?
Subir