Comeza o Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural da USC

O CEU en Xestión Cultural da USC celebrou xa a primeira sesión da súa cuarta edición, nunha aula conducida por Marcos Lorenzo e Sergio Lago, coordinadores do curso, que comezou cunha presentación colectiva e a explicación da filosofía do curso e o por que do seu nacemento, vencellado ao cambio no modelo cultural que se está a experimentar e a necesidade de reciclar coñecementos e dinámicas de traballo para este novo contexto.

A primeira parte da sesión dedicouse a analizar con Marcos Lorenzo a situación do sector cultural en Galicia e a reflexionar sobre a práctica ausencia de políticas culturais no país. A segunda, conducida por Sergio Lago, serviu para profundar no concepto “éxito”, a partir de que é, ou que non é, unha boa práctica cultural, e para coñecer algúns exemplos, así como as novas tendencias culturais que se están a percibir.

A seguinte sesión das trinta e catro que forman o curso será para aprender, de novo con Marcos Lorenzo e Sergio Lago, a estrutura básica do proxecto cultural, así como técnicas para traballo en equipo e ferramentas colaborativas, con Diego Parajó.

Para saber mais do CEU en Xestión Cultural da USC entra na súa web.

Subir