Redes de colaboración

Unha plataforma colaborativa cidadá

Facer algo xuntas a gran escala non é doado cando non hai maneira de quedar en persoa para falar, poñer e común e organizarse. Pero tampouco é  imposible!

Trala activación do estado de alarma, e especialmente tras evidenciarse a necesidade de diversos materiais sanitarios, xurdiron iniciativas de carácter colaborativo para paliar estas carencias, producindo, a través de traballo artesán e de impresoras 3D, o material necesario. Pero quen di equipamento sanitario di outro tipo de recursos ou proxectos desenvolvidos por moitas persoas en distintos lugares.

Recursos e ferramentas

  • O inicial é crear un espazo en liña onde se recolla a información esencial e os enlaces precisos:
    • Pode ser unha publicación na web da nosa entidade ou crear unha nova web, con ferramentas gratuítas como WordPress.
    • Tamén pode crearse unha páxina de Facebook como punto de referencia de información. Pode activarse seguindo as indicacións da axuda de facebook.
  • O principal recurso neste caso é abrir canles de comunicación que as persoas usuarias poidan empregar. O papel de administrador-moderador é clave, para o cal pode ser recomendable ter un código de conducta inicial. As máis recomendables para chegar a poboación con competencias dixitais básicas poderían ser:
    • Grupos de Telegram: Menos xeneralizado pero con vantaxes sobre Whatsapp, como a privacidade opcional dos números de teléfono das participantes. Ou tamén que cando accede alguén novo pode ver as mensaxes anteriores ao seu ingreso. Neste sentido, se é de moita xente, é recomendable deixar unha mensaxe ancorada de benvida, coa información esencial, para que cada entrada no grupo non xere ruído. Hai numerosas guías e recomendacións para crealos e xestionalos adecuadamente, como esta ou o propio FAQ da aplicación.
    • Grupos de Whatsapp: Hai numerosas guías e recomendacións para crealos e xestionalos adecuadamente, como esta ou a propia axuda da aplicación. A nivel de privacidade é delicado, xa que os números de teléfono das persoas participantes son visibles.
  • Para compartir información a nivel interno, un recurso habitual é botar man da suite de ofimática na nube de Google e de GDrive, o servizo de aloxamento de datos, que ofrece esta guía para usuarias. Os documentos que se compartan neste espazo serán comúns a todas as persoas que formen parte da organización, que poderán lelos e tamén traballar sobre eles cos permisos adecuados.
  • Para a difusión da actividade temos as redes sociais, para dar a coñecer o proxecto ao conxunto da sociedade pero tamén a captar a posibles novas colaboradoras.

 

Algúns exemplos

  • A iniciativa inspiradora foi Coronavirus Markers, unha rede de miles de persoas en toda España -e no que hai un grupo de máis de 1200 makers galegos- fabricando coas súas impresoras 3D e con código aberto diverso material sanitario: www.coronavirusmakers.org

 

Comparte a túa achega! (Atención: O teu comentario publicarase despois da súa revisión manual / O correo electrónico pídese para evitar SPAM pero nin o utilizaremos, nin será visible para outros visitantes)

*