Competencias dixitais

Unha estratexia contra os bulos e o odio na Rede

Os bulos, fake news ou informacións falsas que circulan na Rede son unha constante desde hai tempo nas nosas vidas e o Covid-19 resultou ter posibilidades infinitas para quen xera e propaga este tipo de contidos.

Tanto é así que o Ministerio do Interior identificou só nos primeiros días de confinamento medio cento de bulos: audios de presuntos profesionais da saúde, vídeos descontextulizados, notificas falsas acompañadas de documentos “oficiais” manipulados… ante este panorama, as autoridades insisten en que nos informemos en fontes oficiais e, sobre todo, que non compartamos contidos que, xa nun primeiro momento, nos xeren dúbidas. Pero o certo é que, en situacións como esta, facer as cousas ben resulta complicado.

Dentro do traballo socio-cultural en redes, cada vez é máis importante reforzar o apoio ás persoas con menos competencias dixitais, tamén neste aspecto da xestión da información que circula pola Rede.

 

Recursos e ferramentas

  • Non existen fórmulas máxicas, pero un nivel básico é que as entidades máis próximas, como as municipais, habiliten espazos de comunicación web para ofrecer información útil e fiable. Sexa no caso dunha emerxencia sanitaria ou de calquera outra situación que afecte aos vosos veciños, é importante ofrecer información de confianza.
  • Na medida das nosas posibilidades, é importante formarnos ou polo menos coñecer as claves esenciais, para nós e para poder dar recomendacións básicas a outras persoas. Para isto, están a xurdir moitas iniciativas e recursos para frear o auxe das fake news na Rede:
    • Unha das máis destacadas é Maldita.es, onde traballan verificando información que se se fai viral. Contan con seccións específicas de bulos, ciencia, datos, tecnoloxía, migración ou feminismo. Dan consellos e ofrecen ferramentas para verificar de xeito rápido calquera cousa que nos xere dúbidas, como unha app propia ou unha liña de Whatsapp.
    • Nunha liña similar traballa Newtral. E xa a escala máis próxima, hai propostas como por exemplo #Zascabulos, na que participa a comunidade tecnolóxica Coruña Bloggers.
    • Todo isto sen esquecer as recomendacións que a Policía Nacional publica ao respecto nesta guía específica.
  • Máis alá dos bulos, outro problema grave na rede está a ser o discurso de odio, cada vez máis agresivo e, en ocasións, focalizado en sectores da poboación moi concretos. Fronte a este ruído de fondo constante atopamos varias propostas inspiradoras:

 

Comparte a túa achega! (Atención: O teu comentario publicarase despois da súa revisión manual / O correo electrónico pídese para evitar SPAM pero nin o utilizaremos, nin será visible para outros visitantes)

*