Cultura Dixital

Volve Coruña Dixital

26/04/2017

O programa Coruña Dixital, coordinado polo noso compañeiro Sergio Lago, retomou a súa actividade neste 2017 cunha colaboración co colectivo GPUL, Grupo de Programadores e Usuarios de Linux, organizando os GPUL Labs: charlas e obradoiros que xa empezaron o 20 de abril, achegando coñecemento sobre software libre ao novo tecido empresarial da Coruña.

O obxectivo do programa, impulsado dende a Concellería de Culturas e Coñecemento do Concello da Coruña, é facilitar procesos que permitan achegar á cidadanía unha visión ampla da cultura dixital‬, incluíndo iniciativas de colectivos de programadores, makers, produtor*s de contidos dixitais e audiovisuais, ademais de novas prácticas culturais xurdidas da lóxica colaborativa e aberta das redes.

Accede á información completa de Coruña Dixital, aquí.