programacións

Últimos días con Shakespeare e Cervantes

23/04/2016

O 23 de abril de 2016, Día Internacional do Libro, conmemórase o 400 aniversario do falecemento de William Shakespeare e Miguel de Cervantes. Con tal motivo, mergullarémonos nos últimos anos de vida de ambos escritores, para coñecer un pouco máis sobre os seus medos e anhelos, a súa reputación literaria, a súa fortuna, a súa peripecia familiar… e todo isto situado no contexto político e intelectual da época.

O relatorio inicial correrá a cargo de Ignacio Vidal-Folch, escritor e xornalista, ex- director da sección de cultura dos xornais La Vanguardia e ABC, e presentador entre 2010 e 2012 do programa literario Nostromo (La 2, TVE).

Na segunda parte da sesión gozaremos cun concerto do Grupo 1500 de Música Antiga, no que interpretarán pezas recollidas directamente das obras de Shakespeare e Cervantes.

A sesión rematará cun convite a un viño e un petisco, por cortesía de Bodegas Martín Códax e Conservas Antonio Pérez Lafuente.

Outras publicacións do proxecto