Cultura Dixital

A transformación dixital na cultura de proximidade

15/03/2021

Desde mediados de febreiro andamos con un pé aquí e outro en Navarra. Ata esas terras levamos un proxecto en liña de formación, sobre transformación dixital na cultura, para profesionais culturais, que desexan realizar unha introdución panorámica aos conceptos, oportunidades e ferramentas dixitais básicas.

Facémolo trala experiencia deste pasado outono coa Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural , para quen desenvolvemos, co apoio da Xunta de Galicia, o curso de Transformación Dixital para o Sector Cultural. Unha experiencia moi enriquecedora na que participaron máis de 250 profesionais do sector e que, neste caso, reformulamos, adaptando contidos e enfoques á realidade e ao contexto cultural de Navarra.

A transformación dixital na cultura de periferia.

Para este salto a terras navarras adaptamos o contido da formación sobre a transformación dixital na cultura, á actualidade e as características de Cultura de Navarra/ Nafarroa Kultura. Unha experiencia formativa enmarcada na iniciativa Cultura Navarra e inserida dentro do Plan Estratéxico de Cultura de Navarra 2017-2023.

As necesidades dixitais de cada pequena organización cultural.

A transformación dixital na xestión cultural, busca adaptar as nosas organizacións e formas de traballar para lograr un mellor equilibrio entre as dúas dimensións, a presencial e a dixital.

O obxectivo principal desta formación é acompañar a profesionais da xestión cultural na adopción de ferramentas e prácticas na contorna dixital, sempre cun enfoque realista e práctico para diferentes necesidades:

  • Profesionais de organizacións culturais que contan cos recursos, tempo e equipamento e requiran formarse para implementar accións dixitais directamente.
  • Profesionais que precisen coñecer as claves para planificar e contratar os servizos necesarios a profesionais dixitais.

A actualidade dixital no eido cultural.

A cultura de proximidade continúa a ser esencialmente relacional. O valor do encontro, do presencial está máis vixente que nunca, precisamente, pola súa ausencia durante todos este tempo de restricións pola pandemia.

Pero a realidade é que a transformación dixital avanzou a pasos de xigantes neste tempo. Xa non podemos dar as costas a que a contorna dixital é un espazo de encontro e participación cultural ineludible. Unha meirande parte da sociedade accede diariamente ao coñecemento e á cultura dende un dispositivo dixital. Todos estamos conectados con outras persoas para divertirnos, aprender, inspirarnos, experimentar, precisamente, grazas a dixitalización.

Atopámonos ante un cambio de paradigma e todos os axentes culturais precisan ir un paso por diante na sua presenza dixital, moito máis aló da promoción das súas actividades nas distintas redes sociais.

As diferentes entidades, culturais e sociais, deben de ser capaces de crear:

  • Espazos de participación cultural e social.
  • Contido do seu eido e de proximidade.
  • Faladoiros para a expresión e intercambios de ideas e coñecemento.

Adaptar este traballo de cada organización, recoller e reflectir as dinámicas socioculturais no dixital, e outros dos obxectivos principais desta formación, dando novas posibilidades para os modelos de negocio e creación artística de pequena escala.

En definitiva, con esta proposta formativa sobre cultura, dixitalización e transformación dixital abordamos:

  • A visibilización en liña das culturas de perifera.
  • As estratexias para mellorar a presenza das organizacións.
  • O coñecemento das diferentes de ferramentas que poden impulsar a súa misión.

Estes días atopámonos no ecuador da formación en Navarra. Queda pendente contarvos o resumo da experiencia!