Tecendo redes culturais entre Galicia e Portugal

Viaxamos ata Viana do Castelo convidados polo Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade –CECS- da Universidade do Minho e a Organización de Estados Iberoamericanos de Portugal para participar, cunha intervención do noso compañeiro Marcos Lorenzo, nas 2CN-CLabs Talks, que se desenvolven estes días en varias cidades portuguesas, como Porto, Coimbra, Lisboa, Évora ou Faro, para falar de “Cultura, Redes e Política: carta cultural iberoamericana”, nesta ocasión con Manuel Gama, director da iniciativa, Cláudia Teixeira Leite, do Theatro Circo de Braga, María José Guerreiro, da Cámara Municipal de Viana do Castelo, Susana Marques de Setepés e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, AGPXC.

Esta xuntanza, que serve para compartir ideas e avanzar na cooperación luso-galaica, é unha continuación da celebrada o pasado 10 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia. Naquela ocasión a mesa, “Redes culturais transfronteirizas Galiza-Norte de Portugal”, foi moderada por Marcos Lorenzo e xuntou en torno a esta temática a Manuel Gama, de 2CN-CLabs, Alberto de Boiro, presidente de AGPXC, Diego Vázquez Meizoso, xerente de Escena Galega, Patricia Hermida, da asociación MIM, e a Xoán Quintáns, da asociación dos festivais Sinsal, PortAmérica, Revenidas e SonRías.

Se queredes ampliar a información, podédelo facer aquí sobre a cita de Viana e aquí sobre a da Cidade da Cultura.

Subir