Cultura Dixital

Sergio Lago participa na I Semana da Innovación Urbana de Valencia

18/01/2017

Foi convidado a compartir a súa experiencia en modelos de innovación cultural, deténdose especialmente no comisariado do programa Coruña Dixital, xunto a outros relatores convidados como Mariano Salvador, da Fundación Zaragoza Ciudad del Conocimiento e Pietat Hernández, directora do Servizo de Cultura do Ajuntament de Terrassa.

A intervención enmarcouse dentro da I Semana da Innovación Urbana de Valencia, un alto no camiño durante o proceso de creación dun novo ente público de innovación urbana de ámbito local na cidade de València, froito da fusión de diferentes fundacións municipais preexistentes. Esta nova entidade aposta por un novo modelo de innovación, poñendo as persoas no centro da planificación e, sobre todo, da acción innovadora.

sinn-valencia-programatardes

Durante as mañás debateuse a estratexia de cidade intelixente e polas tardes a reflexión achegouse aos sectores considerados estratéxicos (Mobilidade, Enerxía, Saúde, Agroalimentación e Cultura), co obxectivo de maximizar o impacto do uso dos diferentes instrumentos de innovación.

Coa mesa redonda na que participou Sergio, denominada “Aprendendo doutras experiencias” abriouse o bloque de reflexión na área cultural. A continuación foi o turno dos axentes locais, coa presenza de Gloria Tello, Concelleira da cidade de Valencia, Raül Abeledo, membro de Econcult, René Esteve de Lear ou Mª Angeles Marchirant da Associació de Gestors i Gestores Culturals del País Valencià. O obxectivo foi identificar os retos e propostas desde as 4 hélices do modelo de innovación.

Podes atopar o programa completo en lasnaves.com/setmanainnovacio/

Outras publicacións do proxecto