Reflexións sobre política cultural, co investigador Santiago Eraso no CEU en Xestión Cultural

Esta semana o Curso de Expert* Universitari* en Xestión Cultural da USC recibiu a unha referencia da investigación e a xestión cultural como é Santiago Eraso. Nunha sesión que tivo un formato próximo á entrevista, Eraso foi reflexionando e compartindo co alumnado as diferentes vivencias que tivo ao longo da súa dilatada traxectoria profesional no eido da xestión cultural, en paralelo aos diferentes enfoques políticos no eido da Cultura cos que tivo que convivir.

O noso compañeiro Sergio Lago, coordinador e titor do Curso xunto a Marcos Lorenzo, foi guiando ese percorrido profesional e vital que serviu tamén para reflexionar sobre conceptos como ecoloxismo cultural ou a importancia do binomio Educación-Cultura ou dos coidados e a vida, tamén nesta perspectiva cultural. Houbo tempo para o diálogo e mesmo para o debate, en torno ao controvertido tema da gratuidade da oferta cultural.

Moitas das cousas que se falaron nesta sesión (e que podedes ler, coma todas, no Blog do Curso, ao que podedes acceder desde aquí) desenvólveas Santiago Eraso de maneira habitual no seu blog, que non queremos deixar de recomendarvos: santieraso.wordpress.com

Santiago Eraso, que aproveitou a súa estancia en Compostela e no CEU en Xestión Cultural para coñecer a algúns profesionais e entidades do tecido cultural local, tamén foi entrevistado no xornal dixital Praza Pública: unha lectura que tamén vos recomendamos.

Subir