conferencias e debates

Participamos no Foro da Cultura Galega

30/11/2017

Participamos no Foro da Cultura Galega organizado por El Correo Gallego e moderado pola súa redactora xefe Olga Vilar, co noso compañeiro Marcos Lorenzo , un dos coordinadores do CEU en Xestión Cultural da USC , como ponente dunha das dúas mesas de traballo que se desenvolveron trala inauguración por parte do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o relatorio de Víctor Fdez. Freixanes, presidente da Real Academia Galega.

Despois do intercambo de ideas entre Manuel Bragado, director xeral de Xerais, o guionista e productor Pepe Coira e Kin Martínez, director de Esmerarte, falamos de “Innovación e novos enfoques na xestión cultural en Galicia”, con Marián Fernández, socia da cooperativa El Cable Inglés, e Xosé Aldea, director de Culturgal.

Se queres saber máis deste evento, podes ver este vídeo.