Open call. Micro estancias Xestores/as Culturais en Edimburgo

EUPM e Ben Curiosa ofrécenche a posibilidade de vivir unha experiencia única de aprendizaxe e intercambio profesional no campo da xestión cultural, a través de estancias colaborativas con outros axentes culturais de Escocia.

Dirixido a Creativ*s e Xestors Culturais con moitas gañas de desesenvolver proxectos colaborativos.

Onde? Edimburgo. Entérate por que esta cidade é a elixida:

Cando? 4 Semanas no mes de Setembro de 2016

Con quen? Compartirás a experiencia con outros profesionais europeos, e estaredes en contacto con creativ*s e xestor*s culturais afincad*s en Escocia

Obxectivo: Crear sinerxías, facer contactos e coñecer outros modelos de xestión.

Con aloxamento incluído e curso de inglés aplicado ó sector cultural  opcional.

Queres saber máis? Preme aquí para coñecer as condicións*.


* A comunidade de alumn*s e ex-alumn*s do Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural contan cun desconto especial, consúltanos.
* Se tes unha idea de negocio no sector cultural e creativo ou ben un proxecto empresarial en funcionamento (con menos de tres anos de actividade), podes ser candidat* ao programa Erasmus Entrepeneur, con axudas de ata 1.000 € para estancias como esta que propoñemos. Se cres que podes acceder a esta opción consúltao canto antes escribindo a EUPM.
* Ben Curiosa colabora no deseño e na difusión desta experiencia. EUPM, unha liña de traballo de Vamos Scotland Ltd, xestiona o proceso de inscrición e todos os servizos ligados á estancia.

Queres compartir este contido?
Subir