O Kit de Activación Dixital traballa xa na súa guía metodolóxica definitiva

O Kit de Activación Dixital, coordinado polo noso compañeiro Sergio Lago, encara unha nova etapa, trala fase de achegas dos usuarios, coa elaboración da guía metodolóxica definitiva, que se integrará na web do Kit en vindeiras datas, tamén en formato PDF descargable.

Isto non significa que as persoas que a partir de agora desexen  achegar a súa propia experiencia (proxectos levados a cabo nos espazos formativos e social nos que, a creación audiovisual e as narrativas dixitais, foran o eixo do traballo e da aprendizaxe) xa non o poidan facer, xa que o cuestionario online da web seguirá operativo.

O Kit de Activación Dixital presentouse ao público o pasado 3 de febreiro. A persoas que dende entón acceden a el atopan información sobre proxectos (educativos, culturais, sociais,…) feitos coas ferramentas do audiovisual e a comunicación dixital por profesionais deses ámbitos e o testemuño de experiencias xa consolidadas. Pero tamén, e este e un dos obxectivos do Kit, teñen acceso a unha guía metodolóxica baseada nos conceptos defíneo-dótao-faino-cóntao para que os usuarios activen o seu propio proxecto. A esta guía se lle incorporarán as achegas recibidas nestas últimas semanas, elaborando así un novo documento.

O Kit de Activación Dixital está ao voso dispor aquí.

 

Subir