O Consello da Cultura Galega acolle unha análise sobre os retos e estratexias da cultura local ante a Covid-19

O Consello da Cultura Galega puxo en marcha entre maio e xuño o ciclo Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a Covid-19, dirixido a analizar os desafíos, pero tamén as ferramentas e posibles estratexias a curto, medio e longo prazo no contexto municipal e de proximidade.

O ciclo, que estivo coordinado polo noso compañeiro Sergio Lago, artellouse arredor de varios encontros en liña e a publicación dun informe final. Neste documento de traballo, sintetízanse as ideas e propostas xurdidas sobre os principais retos para o traballo cultural local, público e de proximidade.

O documento, que ofrece información práctica sobre a reactivación da actividade cultural, aborda tamén algunhas experiencias e novos formatos cos que se experimentaron nos últimos meses, especialmente no ámbito dixital, que poderían axuda a impulsar políticas socioculturais e tecidos creativos máis sostibles, innovadores e resistentes.
.
Tamén un enfoque máis sustentable -para público e profesinais- da actividade cultural, apostando por menos proxectos pero máis estables e de maior impacto, así como pola creación de espazos para a experimentación, sen a presión do mercado, onde poida xurdir unha  innovación cultural e social.
.
E, por suposto, a contorna dixital como un espazo xa ineludible para o traballo sociocultural local.
.
Tedes o documento  ao voso dispor na web do Consello da Cultura Galega, ao que podedes ACCEDER DESDE AQUÍ.

 

Os encontros en liña

A primeira das sesións, o xoves 21 de maio, levou por título Onde Estamos? Cara onde camiñar? e centrouse nos retos e inquedanzas da xestión cultural municipal a través dun encontro moderado por Marcos Lorenzo (técnico de Cultura en Ferrol e membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do CCG) no que participaron os técnicos de Cultura de Boiro, Alberto García, e Allariz, Juan Antonio Seara, xunto con Pilar Portela, directora-xerente do Pazo da Cultura de Pontevedra e presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.

 

No seguinte encontro, o ciclo ofreceu unhas cantas Reflexións Inspiradoras, da man de Marián Fernández, xestora cultural en O Cable Inglés, Mª Camino Barcenilla Tirapu, xefa da Sección de Recursos e Desenvolvemento Estratéxico da Dirección Xeral de Cultura-Institución Príncipe de Viana e Pau Rausell, responsable de Econcult:

 

A terceira sesión, Estratexias e Ferramentas, reuniu a unha ducia de profesionais que ofreceron a súa visión sobre esta cuestión desde diferentes perspectivas. Así, Julio Gómez, co-director do festival Sinsal,  Xosé Manuel Blanco, presidente da Asociación Galega de Empresas Musicais e responsable de Nalgures Producións e  Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, abordaron o camiño da nova normalidade:

Dani Cánovas, animador sociocultural no Padroado da Cultura de Narón,  Emi Candal, socia de Urdime e responsable da Sectorial de Cultura de Unión de Coperativas Espazocoop, e Fran G. Quiroga, investigador e axente cultural independente, explicaron a súa visión sobre o coidado do tecido cultural do territorio:

Vanesa Siso, concelleira de Cultura, Comunicación e Igualdade no Concello de Vilalba, Nacho Fungueiriño, socio de Culturactiva, e  Marcos López, director de Viva Lugo, aportaron a súa visión e experiencia sobre novos formatos:

Por último, neste encontro participaron Carmen Suárez, dinamizadora TIC en San Sadurniño, María Yáñez, directora de Vinte, e a nosa compañeira Ruth Sousa, para abordar a transformación dixital:

 

Subir