Cultura Dixital

Nova edición de Coruña Dixital

16/06/2017

O programa Coruña Dixital, coordinado polo noso compañeiro Sergio Lago e impulsado pola Concellaría de Culturas, Coñecemento e Deportes do Concello da Coruña, retoma este ano a súa actividade co foco posto nos contidos audiovisuais, creando o Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación (LAIC).

A presentación da iniciativa desenvolveuse na Sala Nautilus do Aquarium Finisterrae da Coruña e contou coa participación de José Manuel Sande, concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento e de María Yáñez, comisaria do LAIC. Asistiron tamén os medios de comunicación e unha representación das comunidades en torno á cultura dixital e audiovisual da cidade.

Ao rematar a presentación houbo un momento para a conversa aberta entre o concelleiro e os asistentes, ademais dunha intervención audiovisual a cargo de Esferobite-DSK.

Toda a información sobre esta nova edición de Coruña Dixital está dispoñible aquí.

Outras publicacións do proxecto