conferencias e debatesprogramacións

Sesións completas de Nexos 2015 en vídeo

27/08/2015

Na primavera de 2015 celebramos a terceira edición de NEXOS. Durante a mesma afondamos na figura de María Zambrano e no seu concepto filosófico da “razón poética”, precisamente na data en que se celebraba o Día Internacional da Poesía; indagamos no proceso creativo dos arquitectos e no seu xeito de imaxinar a cidade, tomando como espello e fío condutor a transformación urbana da Compostela actual; fixemos un percorrido pola historia da arte contemporánea, preguntándonos canto houbo de revolución estética e canto de artificio; e exploramos os vínculos entre saber e sabor, entre literatura e gastronomía, desde os clásicos grecolatinos ate hoxe.

Entre as expertas e expertos que nos acompañaron, destacan Anna Bundgaard, Estrella de Diego, Xerardo Estévez, Manuel Gallego Jorreto e Donna Leon.

Por cortesía da Cidade da Cultura, poñemos á túa disposición todas as sesións completas en vídeo:

Outras publicacións do proxecto