conferencias e debatesprogramacións

Sesións completas de Nexos 2013 en vídeo

27/12/2013

Vivimos en sociedades complexas, plurais e en constante cambio. A cultura contemporánea é a cada paso máis mestiza. Para descifrar as claves e tendencias de hoxe precisamos dunha visión panorámica que supere as vellas fronteiras do saber, conxugando a un tempo os enfoques científico e humanístico.

O ciclo de cultura contemporánea NEXOS, coordinado por Marcos Lorenzo, aborda estas cuestións combinando relatorios a cargo de destacados expertos con actuacións artísticas sorprendentes, nas que non faltan estreas de espectáculos creados en exclusiva para o ciclo. E sempre desde un formato didáctico, ameno e distendido.

En 2013 celebrouse a primeira edición. Durante a mesma exploramos o universo filosófico de Rayuela (a peza mestra de Julio Cortázar), a irrupción do ollar feminista da man de Clarice Lispector e Virginia Woolf, o controvertido papel do deporte na sociedade actual, o devir e horizontes da cultura labrega tradicional e a capacidade corrosiva do humor fronte a toda afectación e solemnidade.

Entre as expertas e expertos que nos acompañaron figuraron Eduardo Mendoza, Gonzalo Navaza, Xoán López Facal, Olga Novo, Elena Losada, Carmen Blanco, Santiago Segurola e Jean Andreu.

Por cortesía da Cidade da Cultura, poñemos á túa disposición todas as sesións completas en vídeo:

Outras publicacións do proxecto