Desenvolvemos iniciativas para a xeración e intercambio de coñecemento no eido cultural e creativo, especialmente arredor da xestión cultural. Tecemos tamén redes de colaboración e conexión profesional, co ánimo de xerar comunidade e de impulsar o noso sector.
Como consultora identificámonos cos valores da artesanía, do traballo rigoroso, ben feito e axustado ás necesidades do cliente. Queremos que as nosas investigacións, plans e procesos de intervención produzan coñecemento útil, aplicado á mellora social e compartido con todos os axentes afectados.
Que sabemos facer?
- Estudos e informes sobre o sector cultural,
- Plans estratéxicos en cultura,
- Avaliación e deseño de políticas culturais,
- Titorización e asesoramento de proxectos culturais,
- Procesos e xornadas de reflexión e análise colaborativa con profesionais da cultura, asociacións sectoriais, empresas e entidades públicas,
- Promoción de vínculos internacionais e proxección exterior do sector cultural,
- Coordinación de publicacións especializadas en xestión cultural,
- Programas formativos en:
- Xestión Cultural,
- Políticas culturais,
- Economía da cultura,
- Turismo cultural,
- Sociocultura e participación cidadá,
- Industrias culturais e creativas,
- Marketing cultural e públicos,
- Financiamento de proxectos creativos,
- Estratexias culturais para o rural.