conferencias e debates

Estivemos no Pecha Kucha BOIRO especial Xestión Cultural

27/04/2017

A Asociación Boirense de Empresarios, convidounos a formar parte da sexta edición do Pecha Kucha Boiro, que programou, xunto coa Concellaría de Cultura, a Republica Creativa de Boiro e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) para a tarde do xoves 27 de abril na súa sede. Neste evento a ABE pretendeu explorar como a creatividade podía ser un factor de innovación e crecemento empresarial.

Tivemos así o pracer de compartir cita con empresas amigas e de formar parte dun acto no que falamos das boas prácticas da xestión cultural en Galicia.
Neste Pecha Kucha especial Xestión Cultural estivemos con:
Vítor Belho
Kin Martínez
O Cable Inglés
Xeneme
La Décima Planta

Podes acceder a toda a información, aquí.

Voz de Galicia, 29-04-2017: A efervescencia creativa instálase en Boiro
Voz de Galicia, 28-04-2017: Lección de creatividade en Boiro