programacións

Do Marqués de Bradomín a Max Estrella: Imaxes dun AristÁcrata

17/12/2016

O último Nexos do ano celebrouse o 17 de decembro 2016, cando se cumpre o 150 aniversario de Valle Inclán, o meirande dramaturgo galego. A súa arte transitou entre a visión aristocratizante das primeiras etapas (modernismo) e a representación grotesca do mundo das últimas (esperpento). Ao seu xeito foi un cronista da época, incorporando na súa obra os horrores do cambio de século e a miseria da vida cotiá. Poucos coma el souberon conxugar humor, traxedia e crueldade, crebando xéneros e estilos baixo un poderoso vendaval poético. Poucos lograron crear unha linguaxe propia e á vez universal.

A profesora Dianella Gambini, Catedrática de Lingua Española e Tradución na Università per Stranieri de Perugia (Italia) convidounos a viaxar polas creacións literarias de Valle Inclán, percorrendo a súa traxectoria e as súas personaxes.

O pianista Pablo Seoane e contrabaixista Saúl Puga pecharon o evento presentándonos Fake, unha composición orixinal de Pablo Seoane, para este ciclo, inspirada no ensaio de Valle Inclán La Lámpara Maravillosa (publicado no 1916).

Outras publicacións do proxecto