Coruña Dixital fai balance do 2017

Nas primeiras semanas dun ano que comeza é obrigado facer balance do feito no anterior. Seguindo esta máxima, o programa municipal Coruña Dixital, que coordina o noso compañeiro Sergio Lago, bota a vista atrás e fai unha recompilación de todo o feito e dos resultados obtidos.

A do 2017 foi a segunda tempada da programación, que se desenvolveu entre maio e novembro co obxectivo de continuar o iniciado un ano antes, dinamizando e facilitando a expansión das distintas prácticas de cultura dixital que se dan na cidade da Coruña.

Nesta segunda edición xa rematada apostouse especialmente pola creación audiovisual coa posta en marcha do LAIC: Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación. As súas actividades supuxeron a maior parte da programación,  pero Coruña Dixital mantivo o seu labor de dar visibilidade e apoio a comunidades e prácticas dixitais na cidade, facilitando o desenvolvemento de actividades de distintos colectivos e iniciativas en espazos e públicos da cidade e destacando a actualidade da cultura dixital local a través da web e das redes de Coruña Dixital (Facebook e Twitter).

Toda a información do que foi o pasado 2017 en Coruña Dixital, completada cun vídeo-resumo, podédela ver aquí.

Subir