publicaciónsXestión Cultural

Cooperativismo e cultura: unha alianza necesaria

28/12/2015

Xunto con Cristina González, o noso compañeiro Marcos Lorenzo elaborou no ano 2015 este interesante e completo informe sobre a alianza necesaria do cooperativismo e da cultura.

Este informe foi realizado daquela, por demanda da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pertencente á Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
Nel preténdese analizar o potencial campo de colaboración entre as empresas cooperativas e o ámbito cultural ou artístico, e máis en concreto identificar:
  • Cooperativas culturais que poidan destacar a modo de boas prácticas,
  • Iniciativas públicas e privadas de fomento do cooperativismo na cultura e que teñan producido resultados destacables,
  • Experiencias de colaboración comercial mutuamente beneficiosa entre artistas e cooperativas.

O informe orixinal en galego pode descargarse íntegro aquí.
(Actualización setembro 2017: Tradución ao castelán dispoñible aquí.)