facemos

Divulgar e promover a cultura dixital

En BenCuriosa contamos cunha liña especializada na divulgación da cultura dixital, entendida de xeito amplo como todas aquelas novas prácticas culturais e creativas que se desenvolven a partir do uso e difusión das TIC. Interésannos especialmente os proxectos onde a dimensión dixital facilita a transmisión de coñecementos e valores, así como todas aquelas iniciativas que permitan reflexionar e desenvolver un uso crítico e en positivo da tecnoloxía.

Cando traballamos con entidades, as posibilidades que nos ofrece a esfera dixital están sempre ao servizo dos fins dos seus proxectos, axustándose tamén a un uso sostible a medio-longo prazo para as persoas destinatarias e para o equipo humano da organización. Non cremos polo tanto na utilización da tecnoloxía sen máis, como elemento efémero e superficial de mercadotecnia.

 

Que sabemos facer?
  • Ciclos, obradoiros e charlas formativas temáticas,
  • Eventos, feiras e espazos de encontro que permitan conectar a persoas interesadas na cultura dixital, no uso creativo da tecnoloxía e no emprendemento de proxectos innovadores,
  • Iniciativas contra a fenda dixital na tecnoloxía, especialmente por cuestión de idade ou xénero,
  • Servizos de consultoría dixital, que permitan acompañar a todo tipo de entidades na incorporación dunha dimensión dixital aos seus proxectos culturais, sociais, patrimoniais ou educativos,
  • Proxectos transmedia, aplicacións de realidade aumentada e desenvolvementos web,
  • Servizos de comunicación dixital.

Exemplos de traballos