Cultura Dixital

Comeza a programación de outono do LAIC de Coruña Dixital

13/09/2017

O Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación  (LAIC) que comisaría María Yáñez dentro do programa Coruña Dixital, dirixido polo noso compañeiro Sergio Lago, comeza a súa andaina o próximo mes de outubro con dez actividades que se prolongarán até finais de novembro. Haberá charlas, obradoiros, encontros… gratuítos e en diferentes puntos da cidade en torno ás posibilidades dos medios emerxentes e da innovación audiovisual.

As persoas que participen poderán acceder a estes coñecementos da man de referentes nestes ámbitos. Por exemplo, Jorge Lama falará sobre Como publicar contidos audiovisuais con licenzas libres e Miguel Ángel Rolland desenvolverá o obradoiro Supercine, taller de cinema crowd.

O booktuber Sebas G. Mouret, El coleccionista de mundos, e a axencia 2bTube explicarán Como profesionalizar a túa canle de YouTube mentres que NoLegalTech ofrecerán as claves de como xestionala na charla Aventuras dunha youtuber legal. Por outra banda, Zemos 98 ofrecerá un Taller de narrativas populares contemporáneas.

Puntos de creación e encontro

A programación do LAIC complétase co arquivatón e hackatón A Coruña rebelde e un Laboratorio de creación de viodeoxogos que desenvolverá a asociación MOLAB. Pero tamén haberá tempo para reflexionar e compartir os Novos modelos profesionais para o audiovisual, coa colaboración da Academia Galega do Audiovisual.

As actividades culminarán a finais de novembro cun encontro-taller con Lance Weiler e o experimento de narración colectiva Frankenstein e a intelixencia artificial.

Para saber máis sobre as actividades do LAIC, entra na súa web.

Outras publicacións do proxecto