Catro microproxectos poñen fin a Cooperación Expandida

22/12/2017

Foron seis meses de aprendizaxe e reflexión sobre as posibilidades que, desde o local, hai de mudar dinámicas globais. Coa cidade da Coruña como escenario, seus cidadáns como elementos activos e o obxectivo de profundar desde unha sociedade civil activa en cuestións relacionadas coa cooperación internacional e os Dereitos Humanos. Con estes elementos, alá polo mes de xuño, comezaba a rodar Cooperación Expandida, un proxecto impulsado polo IGADI no que colaboramos asesorando ao seu equipo de traballo.

Desde entón ata agora, diferentes puntos da cidade, e fóra dela as redes, acolleron actividades, encontros e mesmo un aula local de cooperación. Neste mes de decembro varios espazos (o centro cívico Cidade Vella, a Fundación Paideia e a libraría Fiandón) acolleron  unha serie de encontros sectoriais  relacionados con diferentes ámbitos da cooperación internacional e a presentación dos seus correspondentes microproxectos.

No eido do deporte, deuse a coñecer o irmandamento deportivo A Coruña-Sáhara; no social, Un día desde el otro lado e Simbiose: plataforma local de voluntariado. Por último, na área de cultura e educación presentouse DXENERADAS: laboratorio cidadá pola deconstrución de xénero.

Os encontros, que se desenvolveron entre os días 15 e 20 de decembro, culminaron cunha festa de fin de curso libre e gratuíta coa que o proxecto Cooperación Expandida quixo celebrar que “é posible participar”.